17 jun 2018

🔊🎉PRESENTACIÓN: A ILLA DE SAN SIMÓN. 1º🎉🔊
Ola! Como xa sabedes este ano estivemos traballando a Illa de San Simón seguindo o proxecto anual Palabras que trae o mar. Aquí deixamos testemuña gráfica do que fixemos. Deseamos que vos guste.
Illa de San Simón presentación from PILI Y SALI on Vimeo.
VÍDEO sobre a Illa de San Simón
A ILLA DE SAN SIMÓN from PILI Y SALI on Vimeo.

11 jun 2018

A LÚA E AS MAREAS.🌗🌘🌑🌒🌓🌔🌖🌗🌘🌙
Hoxe recibimos a visita na nosa clase do alumnado de 2º que nos presentou o proxecto que traballaron durante este curso escolar. Moitas grazas, compis.🌜🌛


31 may 2018

DESPEDIDA DE BRIAN.
Despois dun tempo no cole,  o noso profe Brian regresa a súa casa. Botarémolo de menos: Brian xa sabes que aquí estaremos!😭😭




3 may 2018

ANIVERSARIOS 2018🎈🎉🎊🎵
Parabéns e noraboa a todos e a todas as e os mociñas/os que cumpriron anos.

27 abr 2018

DÍA DO LIBRO 2º. 
COÑECENDO A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
Hoxe tivemos  a satisfación de coñecer ao poeta e escritor gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 e creador do libro Honorato, o rato namorado: Antonio García Teijeiro.


25 abr 2018

🌍📓📔DÍA DO LIBRO.
Hoxe celebramos un día especial: é o día do libro!!!Celebrámolo dunha forma especial.
Marcapáxinas 2º:
Marcapáxinas 1º.
Gozando da lectura todos xuntos/as.

20 abr 2018

DECORANDO O COLE. 1º. 🌺🌻🌼
Como xa contamos noutra entrada do blogue, estivemos colaborando cos nosos veciños e veciñas de Apamp para poñer máis bonito o cole. Hoxe axudamos a ubicar os neumáticos na entrada do noso cole. Quedou moi lindo!

18 abr 2018

CONCERTO MÚSICA AFRICANA.1º e 2º.♬♩♪♫
Hoxe fomos coas nosas profes ao Concerto de música africana no Auditorio do Concello. Pasámolo moi ben.
 

CONCERTO MÚSICA AFRICANA from PILI Y SALI on Vimeo.

18 mar 2018

COÑECENDO A DECENA.1º
Estamos a traballar a decena e trouxemos ao cole unha decena de cousas. Mirade que orixinais somos!

7 mar 2018

⭐⭐PREMIO NÓS TAMÉN CREAMOS! 2º e 3º⭐⭐
Hoxe estamos de noraboa! Os alumnos e as alumnas de 3º e 2º viaxamos a Santiago de Compostela a recoller o primeiro premio pola curtametraxe que fixemos o ano pasado O mundo nos ollos!
 


27 feb 2018

TRABALLANDO CON ALENTO.1º😍😍
Hoxe visitamos aos/ás nosos/as veciños/as de Apamp para traballar conxuntamente na decoración do patio do cole; quedou todo moi bonito e podedes ver o resultados nestas imaxes.