17 feb 2020

Celebramos o día do amor!

Boas, hoxe queremos mostrarvos o ben que o pasamos o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria facendo o mural do día do amor.
Empezamos a xornada visualizando un vídeo "o amor non ten etiquetas" donde estivemos a falar sobre as diferentes maneiras de namorarnos. Os deixamos aquí o vídeo por se queredes velo.

Finalmente, entre as dúas clases fixemos un fermoso mural con flores de papel de seda que con moita paciencia e agarimo fomos construíndo entre todxs.
Quedounos tan bonito que agora alegra o noso corredor.






Esperemos que os guste!