Mostrando entradas con la etiqueta Traballando na casa 1º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Traballando na casa 1º. Mostrar todas las entradas

24 mar 2020

Martes 24 de marzo de 2020 (1º Ed. Primaria)


Boas días, rapazada que tal foi o experimento da semente? 
Antes de que me esqueza, estaredes a ver o tempo que estamos tendo diariamente non? Hoxe que temperatura mínima temos? Cal é a cidade de Galicia máis cálida?
Hoxe imos comezar cunha adiviña:


Quen sabe que animaliño é?


Hoxe teremos un día relaxadiño xa que quero propoñervos un xogo de preguntas como o den quen quere ser millonario? Coñecédelo non?
Este xogo chámase Kahoot e vouvos dar unha ligazón para que vaiades a partida. Alí vades ter que responder a cinco preguntas con catro opcións de resposta pero SO UNHA É A CORRETA. Tedes 60 segundiños para pensala resposta. Os apetece?
Sorte e espero que respondades a todas as preguntas moi ben!
Debedes entrar aquí:


Espero que disfrutarades do xogo e que os fora sinxelo.

Agora e xa para ir rematando gustaríame que fisérades unha manualidade sobre un animal anfibio. Recordade cales son os anfibios: a rá, o sapo, a salamandra, etc. A continuación, os propoño un exemplo como o que tiveron que facer os/as comapeñeirxs de 2º:




Mañan continuaremos outro pouquiño máis.




23 mar 2020

Luns 23 de marzo de 2020 (1º Ed. Primaria)


Bos días! Que tal foi esa ponte virtual? Desexo que esteades todxs ben.
Hoxe imos facer unha actividade moi divertida. Quero que durante este tempo que imos estar na casa fagamos unha observación do crecemento dunha semente. Polo tanto os propoño o seguinte:
Materiais que imos necesitar:
§         Lentellas.
§         Algodón.
§         Vaso de plástico transparente (para ver como crece) ou un tarro de cristal.
§         Auga.

Instruccións:
1.      Poñer no fondo do recipiente o algodón.
2.      Botar un pouco de auga para empapar o algodón.
3.      Colocar as lentellas polo algodón.
Agora a esperar 2 o 3 días para ver como evoluciona. Despois duns días observando o que pasa e botandolle un pouco de auga para que o algodón non se poña seco, imos ver como van as nosas lentellas.

Qué está acontecendo?

Gustaríame que fixerades nun folio ou libreta onde estades a traballar estos días na casa que escribades cada dous días como vai a vosa planta cambiando. Por exemplo:
Día 1: As sementes están no algodón.
Día 2: A semente...



Agora, os propoño que xoguedes con alguen da vosa casa ao xogo do aforcado pero so con palabras que conteñan un b. Seguro que tedes moitas palabras para adiviñar.

Un saúdo ENORME. :D

18 mar 2020

UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS!

Bos días compañeirxs!!
Hoxe imos facer un pequeno traballo de memoria para os máis valentes, espero que sexades todxs!!

Ides ver a seguinte imaxe dos animais durante un MINUTO E MEDIO (pedirlle axuda a alguén para que os conte o tempo). Unha vez que pasou o tempo, vades sacar a imaxe de diante e teredes que responder as preguntas que os deixo aquí debaixo:

  • Que animais hai?
  • Hai menos elefantes ou menos leóns?
Agora que xa temos a mente preparada realizaremos unhas pequenas tarefas:


  • MATEMÁTICAS:

 Escribe nun papel un problema matemático onde a operación que teñas que facer para resorvelo sexa unha SUMA de dúas cifras.
  • VALORES:
Gustaríame que visualizarades o seguinte vídeo títulado "El hombre orquesta":

Faranos reflexionar sobre a importancia de compartir e de que as rivalidades nunca levan a un bo fin. Do mesmo modo, destacaranos que o traballo en equipo sempre é máis gratificante porque a unión lévanos ao éxito. 
Por último, debuxa o que máis che gustou do video e fai nun anaco de papel unha pequena reflexión sobre si consideras que os homes orquesta do video fixeron o correcto para conseguir a moeda.


  • PLÁSTICA:
Propoño a creación de diferentes materiais relacionados coa temática do PDI. Pero cunha condición que se fagan cos rolos do papel hixiénico. Algunhas ideas do que podedes facer son: faros, embarcacións de todo tipo, prismáticos, etc. 
SORPRENDÉDEME!!!!

Isto sería todo por hoxe, recordade que vémonos o luns que mañan ímonos de ponte virtual polo que animo aos máis curiosos que viaxedes a través de Google Maps a un lugar que este na outra parte do mundo. Xa me contaredes a onde fúchedes!




UNHA APERTA ENORME!

17 mar 2020

SEGUIMOS NAVEGANDO XUNTOS/AS!

Bos días de novo 1º, como vades? hoxe teredes algunhas tarefas máis para que non perdamos o ritmo estos días. ÁNIMO!


  • MATEMÁTICAS

Gustaríame que colleras un lápis, papel e unha goma de borrar porque imos resolver as seguintes operacións:

52+36=                                                    96+22=                                                      
27-14=                                                     21-11=                                                                                                     
  • LENGUA CASTELÁ:

¿Te acuerdas del correo electrónico que nuestros/as compañeros/as del otro cole nos mandaron? Te animas a escribirle una respuesta.
Os dejo una plantilla para que os sirva de modelo y lo hagáis en un papel. 
Recuerda que tenemos que empezar con un saludo después respondemos lo que nos gustaría contarles y acabamos con una despedida.
  • CIENCIAS SOCIAIS:
Facemos un experimento? Te atreves? Pero antes de nada deberás facelo baixo a vixilancia dun adulto no o olvides!

Que precisamos?

§       Auga.
§       Xabón.
§       Pementa negra.
§       Prato.
Que imos facer?
1) Bota auga nun prato e pementa negra.
2) Introduzca un dedo no auga coa pementa e escriba o que sucede.
3) Agora bota xabón no dedo e volva a introducilo no auga coa pementa, que ocorreu?

Agora escribe nun folio que sucedeu a primeria vez co teu dedo? E a segunda?

  • CIENCIAS NATURAIS:

Como xa lembraredes nos tocaba investigar sobre os anfibios polo que imos ver o seguinte video sobre eles:

A continuación, nun papel ides escribir as seguintes características que teñen:
ANFIBIOS
1. Son vertebrados.
2. Teñen a pel húmida.
3. Nacen de ovos. Ovíparos.
4. Viven na terra e no auga.
 Exemplos: ra, sapo, salamandra, etc. 

Debedes elexir un é facer un debuxo pero ben coloreado e onde se vea ben o entorno onde vive o animal.


Un abrazo ENORME!!


16 mar 2020

TAREFAS PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA



Bos días compañeirxs!! Espero que pasárades unha boa fin de semana disfrutando do tempo coa familia. 
Polo que teredes as pilas moi cargas para facer as seguintes tarefas que se os propoñen!! ÁNIMO que zarpamoooooos!!
Antes de comezar confío en que seguiremos observando o tempo que temos para cada día e anotando as temperaturas.
Os facilito un enlace onde podedes gardar os rexitros do tempo



  • Matemáticas: 
Imos comezar coa familia do 40, esto é moi sinxelo para vos que sodes uns grandes matemáticos/as. Polo que os propoño que escribades nun papel os números que forman parte da familia do 40:
Agora, vas facer o seguinte xogo escribindo o número anterior e posterior do número que indican. 

  • Lengua castelá:
Pasamos a lengua castellana, empezaremos con una pequeñita lectura donde vais a tener que responder a una serie de preguntas sobre lo leído
A continuación se deja un enlace para poder contestar a las preguntas de comprensión sobre lo leído




  • Lingua galega:
Para lingua galega imos comezar cunha pequena lectura do seguinte poema que leva por título "Aloumiños"
Unha vez leído, teredes que procurar no poema catro palabras que teñan a letra b e facer un debuxo sobre o que os transmite o poema.
  • Ciencias Sociais:

Visualizar o seguinte video sobre as características do auga https://www.youtube.com/watch?v=FbnTccEBB2Y. 
Despois escribe nun papel as tres características.


ESTO SERÍA TODO  MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS MOITO ÁNIMO! 

Unha aperta enorme e vemonos pronto! 




13 mar 2020

TAREFAS ALUMNADO


Estimadas familias, debido a gravidade da situación que estamos a vivir queremos mandar moita calma e ánimo a todxs.

Polo que para lidar con esta loita os imos a facilitar unha serie de tarefas na rede de carácter lúdico que todo o alumnado poderá facer de maneira VOLUNTARIA seo desexan. A continuación, terán os enlaces das presentes: 

MATEMÁTICAS:

  • ACTIVIDADES MATEMÁTICAS 1º:



  • ACTIVIDADES MATEMÁTICAS 2º:



  • CARREIRA DE MATEMÁTICAS (Cálculo mental) varios niveis: 



  • CÁLCULO MENTAL:



  • JUEGO GEOMETRÍA:


LENGUA:


  • CUENTOS Y COMPRENSIÓN LECTORA:



  • CONSTRUIR HISTORIAS:



  • TRABAJAR LAS MAYÚSCULAS:



  • PALABRAS CON B/V: (1º EP)



  • SINGULAR/ PLURAL: (1º EP)



  • NOMBRE PROPIOS/COMUNES: (2º EP)


  • CREAR ORACIONES: (2º EP)



  • DIMINUTIVOS/AUMENTATIVOS: (2º EP)



OCIO:

  • BUSCA PARELLAS DE IMÁXENES:



  • CREBACABEZAS: VARIOS NIVEIS DE DIFICULTADE



Ademais,  deixamos algunhas ligazóns de páxinas webs con máis recursos:




MOITA FORZA!

AS TITORAS DE 1º E 2º.