SEMANA DO 16 DE MARZO
- MATEMÁTICAS:
Facer cada día 1 ou 2 fichas de MATE+. Son de repaso.
Xogar coa familia a CÁLCULO MENTAL oralmente: +2, +5, +20, -2, -5, -10 etc. utilizando números a partires do 100.
Xogar a xogos de cartas coma o cinquillo, a OCA, a construcións con LEGO contando as diferentes pezas que utilizamos.
Facer receitas pesando, amasando, contando.
- LINGUA CASTELÁ:
Elixir
unha imaxe con detalles e describila en 7 oracións ,como mínimo, e con 6
palabras mínimo en cada unha. Coidar as maiúsculas e os puntos. Pode
ser dunha revista, xornal etc.
As imaxenes as sacades do seguinte enlace: https://www.orientacionandujar.es/2014/09/18/desarrollo-de-la-expresion-oral-pragmatica-nuevas-laminas/
- CIENCIAS NATURAIS:
Ver o vídeo ANIMALES VERTEBRADOS de SMILE AND LEARN :
Con iso investigar que animais puido atopar Magallanes que pertenceran aos
grupos de Mamíferos, aves, anfibios, réptiles ou peixes.
Estas son algunhas tarefas, seguro que inventades outras máis divertidas e á volta, nos contaredes moitas cousas.
Disfrutade da vosa familia e biquiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
E ti que opinas?