Bos días compañeirxs!!
Hoxe imos facer un pequeno traballo de memoria para os máis valentes, espero que sexades todxs!!
Ides ver a seguinte imaxe dos animais durante un MINUTO E MEDIO (pedirlle axuda a alguén para que os conte o tempo). Unha vez que pasou o tempo, vades sacar a imaxe de diante e teredes que responder as preguntas que os deixo aquí debaixo:
- Que animais hai?
- Hai menos elefantes ou menos leóns?
Agora que xa temos a mente preparada realizaremos unhas pequenas tarefas:
- MATEMÁTICAS:
Escribe nun papel un problema matemático onde a
operación que teñas que facer para resorvelo sexa unha SUMA de dúas cifras.
- VALORES:
Gustaríame que visualizarades o seguinte vídeo títulado "El
hombre orquesta":
Faranos reflexionar sobre a importancia de compartir e de
que as rivalidades nunca levan a un bo fin. Do mesmo modo, destacaranos que o
traballo en equipo sempre é máis gratificante porque a unión lévanos ao
éxito.
Por último, debuxa o que máis che gustou do video e fai
nun anaco de papel unha pequena reflexión sobre si consideras que os homes
orquesta do video fixeron o correcto para conseguir a moeda.
- PLÁSTICA:
Propoño a creación
de diferentes materiais relacionados coa temática do PDI. Pero cunha condición
que se fagan cos rolos do papel hixiénico. Algunhas ideas do que podedes facer
son: faros, embarcacións de todo tipo, prismáticos, etc.
SORPRENDÉDEME!!!!
Isto sería todo por hoxe, recordade que vémonos o luns que mañan ímonos de ponte virtual polo que animo aos máis curiosos que viaxedes a través de Google Maps a un lugar que este na outra parte do mundo. Xa me contaredes a onde fúchedes!
UNHA APERTA ENORME!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
E ti que opinas?