Ola rapzxs! Fixádevos na imaxe de entrada.....
Imos facer algunha actividade hoxe.
Segue observando o tempo e colorea a casiña correspondente. Hoxe seguro que estreas a barra de
.
Tamén, presta atención á túa semente. Xa sabes, como está, medrou? ten sede? afogáchela?
Así están as sementes da miña casa:
Onte seguro que
estiveches lembrando moitos animais para facer a ficha do que elixiches.
Hoxe escribe, en galego, 5 ou 6 oracións con nomes de animais.
Se
queres podes seguer a facer fichas doutros animais que che interesen
porque así aprenderás unha morea de datos sobre eles coma o nome
científico ou algunha cousa que te chame moito a atención.
Agora podes xogar un pouquiño a:
Ao
principio do traballo de hoxe viches un cadro, este tipo de cadros onde
normalmente hai comida, chámanse BODEGÓNS, moitos pintores famosos
pintaron bodegóns.
Mans
á obra! Aproveitando a comida e obxectos da túa casa, colócaos dun
xeito bonito e debuxa un bodegón. Podes pedir axuda para colocar os
elementos. É cuestión de debuxalo amodiño e tentar de darlle cor con
calma. Tamén pode intentar a túa familia debuxar o bodegón. A ver cal
queda máis chulo.
O bodegón do peixe foi pintado por LUIS SEOANE, pintor que da nome á nosa aula.
Ah! A solución do rompecocos de onte é a figura C.
Aproveitade
o día para cociñar, axudar e aprender algo novo do que máis vos guste.
Lembrar tamén dar as grazas a quen che está axudando tanto nestes días.
Unha gran aperta virtual! 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
E ti que opinas?