26 dic 2012

BO NADAL!

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º vos desexan unhas Felices Festas e un Bo Ano 2013.








9 dic 2012

Atrapa ao correcto. 1º e 2º

Cálculo mental.
Fai clic sobre o animal que teña o resultado correcto.

O reloxo. 2º

Repasamos as horas con este reloxo.

Numeración 2º.

Completa estas series.

Cálculo mental.

Elixe a serie, fai clic en "nivel..." e despois preme en "iniciar".

Crebacabezas.

Para mellorar a atención. Serás capaz de facer estes crebacabezas?

Ludoteca lingüística.

O martes os/as alumnos/as de 2º e 3º recibimos a visita no cole dos/as monitores/as da Ludoteca Lingüística. Estos catro doutores da lingua fixéronnos unhas probas para comprobar se estamos sans e non temos o virus que nos impide falar e escribir en galego. Contemplade que ben o pasamos.

23 nov 2012

CAMIÑANDO POLA IGUALDADE.  2º
O xoves tivemos a visita de Mara que nos explicou que os nenos e as nenas podemos facer as mesmas cousas. Tamén ensinounos a facer maxia coas mans. Pasámolo moi ben.

13 nov 2012

ORDENA OS NÚMEROS 2º.
Nesta páxina hai un montón de xogos . Se queres ordear números, preme na opción "Orden en la prisión".


OS NÚMEROS DO 100 AO 199
Para reforzar os números do 100 ata o 199 preme na imaxe de abaixo. Para pasar de actividade, calca nas frechas e para comprobar se o exercicio está correcto, fai clic no debuxo do V.

DEREITA E ESQUERDA.

Este é un xogo para afianzar a lateralidade. Debes conseguir ir ao lugar indicado empregando as frechas do teclado do ordenador. É difícil pero seguro que ti o consigues.


NUMERACIÓN 2º.
Aplicación para repasar o número anterior e posterior.

CÁLCULO MENTAL. 2º.
Serás capaz de calcular o resultado dos dados, marcar a súa suma e vencer aos dados antes de que caigan no fondo? Se eres un valente o unha valente, preme na foto. E sorte!

PRACTICAMOS COA NUMERACIÓN.
Actividades de numeración para nenos e nenas de 1º e 2º. É necesario ter instalado no ordenador a aplicación Java. É un xogo do programa CLIC.

XOGAMOS CO NÚMERO 10. 
Practicamos para formar unha decena. 

As meigas de 1º

AS MEIGAS MATEMÁTICAS DE 1º.
Os nenos e as nenas de Primeiro fixeron unhas fantásticas meigas matemáticas coa axuda das súas familias. Mirade qué bonitas!
Grazas familias!!

11 nov 2012

SETAS. 2º

No outono é tempo das setas. A nosa compañeira Carmen e a súa familia trouxéronnos unhas fermosas setas e  aprendimos os nomes dalgunhas delas como: Amanita muscaria, Coliflor do monte, Andoa escura, Tricolono rutilante...Preciosas. Moitas grazas Carmen e familia.




O MAGOSTO.
Xa chegou o magosto e as ricas castañas asadas! Os/as nenos/as de 1º e 2º fixemos unhas castañeiras cunhas saias un pouco orixinais.


 







7 nov 2012

DECENAS.1º
Colocamos cada unidade e decena no seu lugar correspondente. Fíxate nas cores.


NUMERACIÓN.
Hai que contar as bombillas que están encendidas pero tes que ir moi rápido porque o tempo corre.

DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS. 1º
Xogo para exercitar a descomposición de números.



6 nov 2012

NUMERACIÓN: ANTERIOR E POSTERIOR. 1º

Imos practicar un pouquiño a numeración cunha actividade para reforzar o número anterior e posterior.

30 oct 2012

Samaín 2012.

ESQUELETOS polo SAMAÍN.2º

En coñecemento do medio estudiamos as articulacións, os músculos e os ósos do corpo e na área de plástica fixemos uns esqueletos de pasta. Nestas fotos podedes ver o resultado:



27 oct 2012

AS SÍLABAS CA, CO, CU e QUE, QUI.
Xogo do tetris para practicar as sílabas ca, co, cu, que e qui. Para xogar é necesario empregar as frechas do teclado e colocar cada debuxo na súa sílaba correspondente. Preme na foto para iniciar.

26 oct 2012

Samaín 2012.

SAMAÍN 2012.
Este ano polo Samaín os alumnos e alumnas de 2º fixeron unhas fermosas meigas matemáticas. Se queredes velas, preme na frecha. Moitas grazas a todas as familias!
AS MEIGAS DE NAVIA. 2º on PhotoPeach

PRACTICAR AS CENTENAS, DECENAS E UNIDADES.2º

Este é un recurso dixital para representar gráficamente as centenas, decenas e unidades. Para comezar hai que premer no botón verde.

LECTOESCRITURA 1º

JUEGO DE LAS LETRAS.
Un programa de discriminación auditiva e visual dos fonemas e grafemas. Fai clic sobre a foto para comezar.

22 oct 2012

O RELOXO 2º.

O RELOXO.
Ola! Aquí deixámosvos un enlace da editorial SM para exercitar as horas. Move as agullas ata a hora indicada e espera que soe o reloxo.Fai clic na foto.

19 oct 2012

SEPARAR PALABRAS 2º

SE HAN ESCAPADO LOS ESPACIOS.
Un xogo interesante para aprender a separar as palabras nunha frase. Para colocar os espazos na frase temos que utilizar a "barra espaciadora" (a barra grande do teclado do ordenador). Para xogar, preme na foto.

MAIÚSCULAS.

MAIÚSCULAS 2º.

Xogo para saber utilizar correctamente as maiúsculas. Preme na foto.
 
 



ABECEDARIO.

ABECEDARIO.

Para practicar un pouquiño o abecedario podedes facer este xogo. Fai clic enriba da foto.

16 oct 2012

O OUTONO.
Esta foto tan bonita está realizada nun lugar cercano ao cole. Sabes cal é? Escribe a resposta nos comentarios"E ti que opinas?"


 


SUMAS CON LEVADAS.

SUMAS CON LEVADAS 2º.

Para exercitar as sumas con levadas dunha forma divertida. Preme na imaxe.

15 oct 2012

A centena.

A CENTENA. 2º
Os/as de segundo estamos coñecendo a centena e aquí vos deixamos unhas actividades para practicar. Despois de feita a actividade non vos olvides de comprobar se está correctamente ben feita facendo clic no botón con V. Preme na foto e xa podrás xogar.

1 oct 2012

CORES CÁLIDAS E CORES FRÍAS. 2º.

Na área de plástica estivemos experimentando coas cores básicas e as súas mesturas. Tamén coñecimos un pouco da vida de Vicent Van Gogh (pincha no seu nome) e coloreamos, empregando as cores cálidas ou frías, algunhas das súas obras máis coñecidas.

28 sept 2012

AS ETAPAS DA VIDA. 2º

Nestes días estamos a traballar, en coñecemento do medio, as diferentes fases da vida e aquí vos presentamos o noso mural.

O outono inspíranos

Esta é a nosa visión do OUTONO.
Gústannos as castañas, a roupa e pisar as follas.

Benvido OUTONO.





27 sept 2012

Aquí vos deixamos un vídeo adicado aos nenos e as nenas de 2º e de 1º que reciben a visita do Rato Pérez.