20 may 2016

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS. 
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas e tamén o 25 aniversario do cole. Parabéns!


11 may 2016

RECICLANDO CON DINOSETO. VIGO RECICLA. 1º e 2º.
Hoxe os nenos e as nenas de 1º e 2º asistimos a un taller sobre a reciclaxe. Alí algúns/algunhas lembramos ou aprendimos a separar os obxectos de refugallo e depositalos no seu colector adecuado: no verde claro (para os botes, frascos e botellas de vidro); no colector amarelo (envases de plástico, latas...); no colector azul (todo tipo de papeis) e no colector de cor verde oscuro (todo o que non pode clasificarse nos outros colectores). Pasámolo fenomenal e ao final, recibimos un agasallo estupendo!





9 may 2016

ANIVERSARIO MES DE MAIO.1º
Un compañeiro da clase cumpríu 7 anos. Parabéns, mociño!!!
VISITA DOS/AS COMPAÑEIROS/AS DE CUARTO. 1º
Na hora de ler tivemos a grata visita dos/as nenos/as de 4º que nos escenificaron un conto sobre a importancia de respetar as diferencias entre os/as compañeiros/as. Bravo polos/polas de 4º!