28 nov 2017

CONTRA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
Non nos gusta a violencia nin que nos peguen. 


VISITA AO MUSEO DO MAR. O PERGAMIÑO VINDEL.1º E 2º

Por fin coñecimos o Pergamiño!!! E tamén o acuario do Museo do Mar.


15 nov 2017

1º   VISITA INESPERADA DE....
Tivemos unha visita dun antigo amigo noso.O noso... Frederick!!!❤❤❤


8 nov 2017

O TÚNEL DO SAMAÍN. 1º e 2º
Hoxe xoves fomos invitados polos nosos veciños de ALENTO a un túnel do Samaín. Que medo pasamos algúns/algunhas e outros/as cómo nos divertimos!😕








1 nov 2017

O SAMAÍN XA CHEGOU! 1º
Estas son as dúas manualidades que fixemos para celebrar a chegada do noso Samaín.😓


24 oct 2017

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A RODAR!! 1º
Hoxe 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares e tivemos a sorte de que viñeran a nosa clase 2 compañeiros de 6º e dúas compañeiras de 5º . Eles/elas explicáronnos que hai este ano dentro da nosa mochila: libros moi interesantes. Xenial por eles! O fixeron estupendamente!! Volver cando queirades.💘💘💘💘 





 

IMOS A CITA COA MAGA TOMASA! 1º
Hoxe é o gran día!! Estamos citados/as coa Maga Tomasa! Que pasará? Mirade!!

18 oct 2017

TEMOS UNHA CARTA. 1º 
Hoxe recibimos unha mensaxe misteriosa de....A MAGA TOMASA! Que nos querá dicir? Estamos convidados a ir a Biblioteca o día 24 de outubro. Que será?? QUE MISTERIO!!!👦





12 oct 2017

3 oct 2017

APRENDENDO AS VOGAIS.
Estamos coas vogais e practicamos estas cancións.
Fonte: Babyradio, Youtube.
MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR. 1º
Esta é a canción que cantamos ao marchar para casa.
Fonte: Magín Blanco. Youtube.

26 sept 2017

INICIO CURSO ESCOLAR 2017-2018
Ola! Inaguramos un novo curso escolar. Benvidos e benvidas a todos e a todas! Este curso vai a ser diferente porque estamos en obras no cole pero seguro que imos a aprender un montón. Comezamos!😍😍



22 jun 2017

PROMOCIÓN 2015-2017
Queridos/as alumnos/as:
Hoxe é o noso derradeiro día de clase. Durante estes dous anos compartimos coñecementos, experiencias, momentos de alegría, risas  e tamén algunhas tristezas...pero sempre aprendimos algo importante: compartir. Agora comeza para vós unha nova etapa e deséxovos moita sorte e forza en 3º. Moitos biquiños a todos e a todas. Ata sempre!
A profe Sali


ANIVERSARIOS DE VERÁN!2º
Os/as nosos/as compis quixeron compartir connosco unha data moi especial: os seus aniversarios; aínda que cumpran no verán, lembráronse de nós. Grazas a todos e a todas. Parabéns.

UNHA DEMOSTRACIÓN DE TALENTO. 2º
Un compañeiro do noso curso nos ensinou que con ganas e constancia pódese conseguir casi todo. Gracias, Alan por compartir estes coñecementos connosco!


20 jun 2017

COÑECENDO CHINA.1º e 2º.
Este martes estivemos convidados/as polos/as alumnos/as de 3º a coñecer o proxecto que traballaron durante todo o curso: China. Precioso as sombras chinesas e divertidísimo a curtametraxe. Pasámolo estupendamente!!! Gracias, amigos e amigas de 3º.😆😆😆



16 jun 2017

CONCERTO MARÍA FUMAÇA .
Hoxe tivemos unha grata sorpresa!! Un miniconcerto que nos proporcionou María Fumaça e os seus músicos no patio do cole. Cantamos todos/as xuntos/as: "Fun ao mercado a comprar café,...." e apareceu unha formiguiña.