O mércores 21 visitamos os centros de Apamp e Alento e cantámoslles unhas panxoliñas. Recibimos unha grata sorpresa porque nos adicaron dúas fermosas cancións. Bo Nadal e Feliz 2017, veciños!
A editorial OQO agasallounos cunha colección de libros que teremos que ler. Algúns xa os coñecíamos como A guerra dos números, Mosquito, A caixa dos recordos, Lucas e Oso.... Outros son novos para nós como Que mal cheira, O mundo nos ollos, Cando non atopas a túa casa, Os sete irmáns chineses, Os mil brancos dos esquimós, Buscando o norte, Tres han de ser e o O último canto. Destes libros din as profes que imos facer unha curtametraxe. A ver que sae!