20 dic 2015

PANXOLIÑAS NO COLE. 1º e 2º.


NADAL 2015 no Castelao

NADAL 2015 no Castelao

PANXOLIÑAS EN ALENTO E APAMP 1º e 2º,

11 dic 2015

XA ESTAMOS EN NADAL. 
Que preciosos quedaron os nosos sombreiros de Castelao. Gracias familias.

4 dic 2015

AS NOSAS PANXOLIÑAS 1º e 2º
Estamos preparando o Nadal e cantando estas panxoliñas.

Fonte: Youtube.
Os pitiños.
Mi burrito Sabanero.


3 dic 2015

LÍO EN LA GRANJA. 1º e 2º.
O martes fomos ao teatro e vimos unha obra moi divertida. Desapareceu un ovo e Calabacín e Piñote intentarán atopalo preguntando aos animais da granxa. O final é sorprendente.

19 nov 2015

O MAGOSTO.
Chegou o magosto cos seus xogos e ricas castañas.

5 nov 2015

É TEMPO DE CASTAÑAS. 1°
O   venres celebraremos o magosto e xa imos facendo algunhas cousiñas para a festa.


27 oct 2015

ESTAMOS PREPARANDO O SAMAÍN.
Co motivo da celebración do Samaín estamos aprendendo a canción dos Esqueletos. Aquí deixamos o vídeo.
Fonte: YoutubeFofito.


23 oct 2015

A MOCHILA VIAXEIRA 1º
Comeza a viaxe da mochila viaxeira. Vera, Ana e Aitana explicáronnos cómo funcionan as mochilas viaxeiras.Grazas mociñas!





1 oct 2015

COMEZAMOS

BENVIDA. 1º
Ola! Comezamos un novo curso e arrancamos os motores.
Hoxe estivemos practicando algúns trazos das vogais e da letra P. Continuaremos...

19 jun 2015

PROMOCIÓN do CURSO 2013-2015
Hoxe chegou o momento da despedida. Meus queridos nenos e nenas estivemos xuntos dous cursos  e escribimos, lemos, sumamos, restamos, multiplicamos, dividimos,  aprendimos, xogamos, rimos e ata algunhas veces , rifamos. Xa vos fixestes maiores e agora comeza unha nova aventura. Boa sorte nesta viaxe. Ata logo! Biquiños.
 A profe Sali

27 may 2015

SEMANA DA FROITA.
Na semana do 18 ao 22 de maio o alumnado de 1º e 2º disfrutamos de ricos amorodos, mazás, melón, plátanos e peras na hora do recreo. Mmmm!...riquísimas!!! 

LETRAS GALEGAS 2015. 2º

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS. 2º
Preparados para triunfar.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS. 1º
A nosa estupenda actuación.

VISITA JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. 2º e 3º

O día 18 de maio recibimos no cole ao ilustrador e escritor Jacobo Fernández Serrano. Pasamos un rato moi divertido.

15 may 2015

15 DE MAIO. FELIZ DÍA DA FAMILIA. 1º e 2º.
Grazas familias por colaborar co cole. Mil bicos.



O INTERIOR DA TERRA 2º.
Nesta ocasión Óscar, Martín e a súa mamá amosáronnos cómo é o interior da Terra. Explicáronnos cómo se forman as montañas, os volcáns e os diferentes tipos de paisaxe. E vimos unhas fotos moi orixinais sobre unhas casas nas montañas. Grazas, familia.



UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN.

UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN. 2º
Hoxe realizamos o noso derradeiro experimento. Fixemos que un volcán expulsase a lava. Para iso precisamos: vinagre,  bicarbonato e unha chisca de xabón líquido. Podedes ver a secuencia do volcán nas seguintes imaxes. Por certo, este experimento fíxose grazas ao profe Fran, que non lle deu tempo a poñelo en práctica. Grazas, profe.

          
OS BURACOS NEGROS DO ESPACIO. 2º
Mara e Leo tiveron o detalle de explicarnos cómo se forman os buracos negros do espacio e tamén comentáronnos o que lles sucede as estrelas vellas. Trouxéronnos algúns exemplos que nos encantaron. Grazas, mociños.




14 abr 2015

A PASTELARÍA DE DONA REMEDIOS. 2º
Rematamos de ler o libro A pastelaría de dona Remedios de Agustín Paz Andrade. Gustounos moito e fixemos uns pequenos traballiños.

OUR ORCHARD. 2º.

29 mar 2015

FEIRA DA CIENCIA

Xunto a todos os nosos compañeiros e compañeiras do cole aprendimos un montón sobre a ciencia.

28 mar 2015

DESPEDIDA DO PROFE FRAN.
Hoxe estamos un pouco triste porque foi o derradeiro día que estivo na nosa clase o profe Fran. Pero o noso querido profe prometeunos que volverá dentro de pouquiño a visitarnos. O esperaremos cos abrazos aberto. Ata pronto, profiño.


UNHA CIENTÍFICA NO COLE.

UNHA CIENTÍFICA NO COLE.
Hoxe estivo no noso cole unha científica química que nos ensinou moitas cousas sobre a ciencia. Coñecimos líquidos que non se mesturan e forman un semáforo de cores; substancias que cando se xuntan forman unha reacción volcánica, globos que se inflan solos, líquidos que son sólidos ou sólidos que son líquidos?...Moitas grazas Ana e a súa axudante Alba por ensinarnos que a ciencia é moi curiosa.

23 mar 2015

TÁBOA DO 6.

FONTE: Emilio Aragón. Youtube.
TÁBOA DO 5.



Fonte: Emilio Aragón, Miliki. Youtube.
TÁBOA DO 4


Fonte: Miliki. Youtube.
TÁBOA DO 3.

Fonte: Miliki. Youtube.
TÁBOA DO 2.
Fonte: Emilio Aragón.Youtube.
TÁBOAS DE MULTIPLICAR.

Fonte: Youtube.Las gatitas.

18 mar 2015

NATURNOVA.

NATURNOVA. 1º E 2º. 
Hoxe estivemos en Naturnova en onde coñecimos un pouco máis os planetas e viaxamos nun submariño polo fondo da ría. Tamén asistimos a unha exposición de cadros e estaba o cadro pintado polo noso Castelao. Podedes ver as imaxes aquí.

CAMIÑO DA LINGUA. 2º

CAMIÑO DA LINGUA. 2º NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. CONCELLO DE VIGO.

Este martes chegaron ao noso cole os monitores de Camiño da lingua con montón de refráns, trabalinguas, de novo vocabulario, de preguntas sobre Vigo e probas físicas. O pasamos...de rechupete!!

16 mar 2015

SEMANA DA POESÍA.

SEMANA DA POESÍA.1º e 2º

VISITA DE TERESA ZATARAÍN.
O 21 de marzo é o Día da Poesía e nós comezamos a semana coa visita da poetisa Teresa Zataraín,que nos leou uns fermosos poemas dos seus libros Sin miedo a decir te quiero e Violeta e animounos a sentir a poesía.




15 mar 2015

5 mar 2015

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE.
2º Taller.
Nesta semana da muller traballadora, 8 de marzo, recibimos a visita do 2º taller de Camiña con nós pola igualdade. Elsa comentounos que somos diferentes pero temos as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos.




3 mar 2015

VISITA A TELEPIZZA. 2º
Hoxe fomos pizzeros e pizzeras por un día. Gustounos facer a masa, engadir o tomate, o queixo e os demáis ingredentes pero o que realmente nos gustou foi...degustar a pizza. Grazas, TELEPIZZA pola invitación!!! 
 
Saída escolar a Telepizza.
PLANTAMOS SEMENTES. 1º
Queremos observar como medran as plantas.

26 feb 2015

OS NARIGUDOS 1º e 2º.
Hoxe vimos unha obra chamada Narigudos na Fundación. Aprendimos a importancia de ser solidarios e aceptarse como un/unha é. O pasamos moi ben coas aventuras de Bartolo.

20 feb 2015