22 jun 2017

PROMOCIÓN 2015-2017
Queridos/as alumnos/as:
Hoxe é o noso derradeiro día de clase. Durante estes dous anos compartimos coñecementos, experiencias, momentos de alegría, risas  e tamén algunhas tristezas...pero sempre aprendimos algo importante: compartir. Agora comeza para vós unha nova etapa e deséxovos moita sorte e forza en 3º. Moitos biquiños a todos e a todas. Ata sempre!
A profe Sali


ANIVERSARIOS DE VERÁN!2º
Os/as nosos/as compis quixeron compartir connosco unha data moi especial: os seus aniversarios; aínda que cumpran no verán, lembráronse de nós. Grazas a todos e a todas. Parabéns.

UNHA DEMOSTRACIÓN DE TALENTO. 2º
Un compañeiro do noso curso nos ensinou que con ganas e constancia pódese conseguir casi todo. Gracias, Alan por compartir estes coñecementos connosco!


20 jun 2017

COÑECENDO CHINA.1º e 2º.
Este martes estivemos convidados/as polos/as alumnos/as de 3º a coñecer o proxecto que traballaron durante todo o curso: China. Precioso as sombras chinesas e divertidísimo a curtametraxe. Pasámolo estupendamente!!! Gracias, amigos e amigas de 3º.😆😆😆



16 jun 2017

CONCERTO MARÍA FUMAÇA .
Hoxe tivemos unha grata sorpresa!! Un miniconcerto que nos proporcionou María Fumaça e os seus músicos no patio do cole. Cantamos todos/as xuntos/as: "Fun ao mercado a comprar café,...." e apareceu unha formiguiña.




15 jun 2017

SOMBRAS CHINESCAS. 2º
Tres rapaciñas de terceiro quixeron amosarnos unha obra que fixeron elas soliñas. Xenial, compañeiras!


12 jun 2017

GAÑADORES/AS DO PRIMEIRO PREMIO NA MODALIDADE 1º E 2º DE PRIMARIA. 

 

NÓS TAMÉN CREAMOS.😍😍😍




Hoxe temos unha boa noticia e estamos moi felices de compartila con todos vós!!!Os/as alumnos/as de 1º e 2º coas mestras Bea (profe de relixión) , Montse ( a nosa directora), Pilar (titora 1º) e Sali (titora de 2º) acabamos de acadar o  primeiro premio de curtametraxes na categoría 1º e 2º de primaria que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO Editora. 
Moitas grazas aos participantes e parabéns a todos/as premiados/as.

Se queredes saber máis do premio, preme neste enlace


Se queredes ver a curta, preme na foto.
O MUNDO NOS OLLOS