29 oct 2013

TRABALLAMOS A DECENA. 1º
Esta semana comezamos a traballar a decena.Visitamos a horta e recollemos 10 follas (10 unidades) e con elas fixemos a Dona Decena. Algúns gustounos máis "Don Deceno". Descubrimos que na nosa clase hai 25 decenas. Cántas unidades serán?.

27 oct 2013

VISITA Á BIBLIOTECA.
Coa celebración do día das Bibliotecas Escolares, 24 de outubro, o venres fomos á Biblioteca. A profe Patri explicounos como tiñamos que facer para levar un libro para casa empregando os marcadores. Despois fixemos o préstamo de libro, como os/as nenos/as maiores.