27 may 2015

SEMANA DA FROITA.
Na semana do 18 ao 22 de maio o alumnado de 1º e 2º disfrutamos de ricos amorodos, mazás, melón, plátanos e peras na hora do recreo. Mmmm!...riquísimas!!! 

LETRAS GALEGAS 2015. 2º

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS. 2º
Preparados para triunfar.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS. 1º
A nosa estupenda actuación.

VISITA JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. 2º e 3º

O día 18 de maio recibimos no cole ao ilustrador e escritor Jacobo Fernández Serrano. Pasamos un rato moi divertido.

15 may 2015

15 DE MAIO. FELIZ DÍA DA FAMILIA. 1º e 2º.
Grazas familias por colaborar co cole. Mil bicos.



O INTERIOR DA TERRA 2º.
Nesta ocasión Óscar, Martín e a súa mamá amosáronnos cómo é o interior da Terra. Explicáronnos cómo se forman as montañas, os volcáns e os diferentes tipos de paisaxe. E vimos unhas fotos moi orixinais sobre unhas casas nas montañas. Grazas, familia.



UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN.

UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN. 2º
Hoxe realizamos o noso derradeiro experimento. Fixemos que un volcán expulsase a lava. Para iso precisamos: vinagre,  bicarbonato e unha chisca de xabón líquido. Podedes ver a secuencia do volcán nas seguintes imaxes. Por certo, este experimento fíxose grazas ao profe Fran, que non lle deu tempo a poñelo en práctica. Grazas, profe.

          
OS BURACOS NEGROS DO ESPACIO. 2º
Mara e Leo tiveron o detalle de explicarnos cómo se forman os buracos negros do espacio e tamén comentáronnos o que lles sucede as estrelas vellas. Trouxéronnos algúns exemplos que nos encantaron. Grazas, mociños.