18 dic 2014

COÑECENDO MÁIS OS SENTIDOS.

COÑECENDO MÁIS SOBRE OS SENTIDOS.
Hoxe vivimos unha experiencia orixinal e divertida no cole. Visitáronnos dúas mamás e un papá da clase de 1º e explicáronnos a importancia de coidar os 5 sentidos.Despois organizámonos en grupos e tivemos que responder a unhas preguntas relacionadas cos sentidos. Xenial. Moitas grazas, familias.


ANIVERSARIOS MES DE NADAL.

ANIVERSARIOS DO MES DE DECEMBRO. 2º
Rapaciños: xa sodes maiores. Parabéns!

12 dic 2014

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA. 2º.
Experimento número 6: A leite de cores.
Ola! Hoxe fixemos un experimento para comprobar como se disolven algúns líquidos. Aquí vos deixamos unha mostra.



10 dic 2014

ANIVERSARIOS DO MES DE DECEMBRO. 2º
Celebramos un novo aniversario na clase. Parabéns mociño.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
AS LÚAS DE SEGUNDO.
Grazas a todas as familias por estas lúas tan científicas.

AS LÚAS DE PRIMEIRO.
Grazas familias polo traballo realizado.


A METAMORFOSE DA BOLBORETA.
Un compañeiro tróuxonos esta manualidade feita por el. Trátase do cambio que se produce na bolboreta: primeiro é un ovo; despois, un verme; máis tarde a crisálida e finalmente, a bolboreta.





5 dic 2014

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA. 2º
Experimento número 5: O vaso cartón, cartón.
Este experimento tamén é coñecido como o vaso que non lle cae a auga.
EXPERIMENTANDO COA CIENCIA.2º
Experimento número 4: As pasas buceadoras.
Nesta ocasión fixemos un experimento de química coa gaseosa e con pasas. Mirade a secuencia...
 

4 dic 2014

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA. 2º
Unha das nosas compis tróuxonos un xogo de ciencia e aprendimos algúns instrumentos que empregan os científicos nos seus experimentos: luvas, gafas, probetas, matraces...




2 dic 2014

INVESTIGANDO: O SEMÁFORO.2º
Hoxe tivemos a visita de Ángel, o papá dun compañeiro da nosa clase. Tróuxonos un semáforo realizado polos seus alumnos/as e por el. Explicounos cómo eran antigamente os semáforos (eran mecánicos como un reloxo); cómo funcionan os semáforos (levan no seu interior un sistema autómata que organiza os tempos para cambiar a luz) e como son na actualidade con luz led. Estivo xenial e puidemos cruzar cando estaba en verde para os peóns.
Dous semáforos.
O botón para cruzar.

Os antigos semáforos mecánicos.




1 dic 2014

OUTROS ANIVERSARIOS.2º
Dúas rapaciñas tamén cumpriron anos neste mes de novembro. Parabéns, mociñas!

26 nov 2014

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA 2º

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA 2º.
Experimento número 3: Barquiños flotantes.
Hoxe descubrimos o motivo polo que os barcos e os submarinos flotan. Algo que ten que ver co famoso matemático Arquímedes e o peso da auga. 
Para saber máis de ARQUÍMEDES.

21 nov 2014

Estes rapaces e a rapaza cumpliron xa 6 anos.
EXPERIMENTANDO COA CIENCIA.2º
Experimento 2: Ovo de goma.
Nesta ocasión descubrimos que o vinagre é un ácido que desfixo a cáscara do ovo, traspasa a membrana do ovo e aumenta o seu tamaño.

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA. 2º
Experimento 1: Ovos bailarines.
Estos días estivemos observando e experimentando con ovos. Aquí vos deixamos unhas imaxes destes momentos de investigación.

20 nov 2014

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA.1º e 2º.
Outro ano máis recibimos no cole a grata experiencia de "Ponlle as pilas ao teu bocata". Primeiro lembramos os nomes dalgúns peixes mariños, as conservas, a importancia da reciclaxe e coidar o medio ambiente.

16 nov 2014

MODELAMOS UN ESQUELETO

Os pais duns dos nosos compañeiros, acompañados dunha amiga, ensináronnos moitas cousas sobre os nosos ósos e axudáronnos a facer este fantástico esqueleto.
O MAGOSTO.

"Ven Santos chuvioso
con moitos magostos
¡As ricas castañas
quentiñas asadas!"
Os nosos cucuruchos de castañas.

Os broches do magosto.


12 nov 2014

ANTÍA, WANDA E O REGATO PEQUENO. 1º e 2º.
Hoxe fomos ao Centro Cívico de Teis para ver "Antía, Wanda e o regato pequeno".Pasámolo moi ben e rimos moitísimos. Contáronnos tres contos e deles aprendimos unha ensinanza que practicamos sempre no cole: falar entre nós para solucionar os problemas, estar unidos ante as dificultades e todos e todas somos iguais e podemos xogar todos/as xuntos/as.

11 nov 2014

ANIVERSARIOS DO MES DE NOVEMBRO. 2º
Parabéns para estos dous rapaciños.
CAMIÑA CON NÓS. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2º
Hoxe recibimos a visita de Elsa e nos contou que homes e mulleres temos as mesmas oportunidades.

Camiña con nós 2º 2014 - Movie Maker
Para saber máis, preme nas imaxes. Fonte e imaxes: Wiquipedia.
Valentina Tereshkova.

James Barry




31 oct 2014

XA CHEGOU O SAMAÍN!.

Os/as nenos/as de 1º e 2º estivemos traballando o Samaín e mirade que cousas tan bonitas fixemos.




 Degustamos estas ricas lambonadas:
 E estas son as nosas cabazas científicas:

13 oct 2014

Marcapáxinas

Os nosos marcapáxinas.2º

Toleamos por ler e por iso fixemos estes marcapáxinas con follas de periódico: é que "ler mola".

16 sept 2014

BENVIDOS E BENVIDAS.

Ola, a todos e a todas!
Con moita ilusión comezamos o curso escolar 2014-2015 e damos a benvida aos novos/as alumnos/as de primeiro,  que este ano serán os/as máis peques de primaria,  e tamén aos veteranos/as alumnos/as de 2º. Benvidos/as mocitos/as!
Este ano o noso proxecto está adicado As Ciencias e esperamos que vos guste e que disfrutedes investigando e que o poidamos ver neste rincón virtual as vosas experiencias. Un cordial saúdo.
Banco de imágenes y sonidos. MEC


25 jun 2014

Durante a semana do 9 ao 13 de xuño continuamos o programa de froitas frescas degustando: amorodos,piña natural, melocotón, platerinas e laranxa. Gustounos moito a platerina.

2 jun 2014

SEMANA DA FROITA (1º e 2º)
Na derradeira semana de maio comemos froita no recreo: peladillos, nísperos, albaricoques, cereixas, plátanos e melón. Foi todo un descubrimento de sabores.Campaña de fomento de consumo de froitas.

20 may 2014

DÍA DA FAMILIA. 1º e 2º.
O 15 de maio é o Día da Familia. Unha aperta para todas as familias do alumnado.







16 abr 2014

CONVIVENCIA CO CEIP RÍA DE VIGO.
O venres, 11 de abril, tivemos unha xornada escolar de contos, xogos, merenda...que compartimos cos/coas nosos/as compañeiros/as do CEIP Ría de Vigo. Estivo xenial!


23 ene 2014

RECIBIMOS CARTA.1º e 2º
Onte recibimos carta dos/as nosos/as compis do CEIP Ría de Vigo. Qué alegría e emoción!

18 ene 2014

SUMAS CON LEVADAS.1º
Preme na imaxe para facer as sumas.
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/PRIMERO/datos/02_Mates/03_Recursos/02_t/actividades/operaciones/02.htm

SUMAS SIN LEVADAS.1º
Actividade para exercitar as sumas sen levadas
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/PRIMERO/datos/02_Mates/03_Recursos/02_t/actividades/operaciones/02.htm

REPASAMOS A NUMERACIÓN.1º
Actividad lim para recordar os números. Calca na imaxe.
http://educalim.com/biblioteca/numeracion/numeracion.html

SUMAS CON LEVADAS. 1º.
Para practicar a suma con levadas.
http://www.pekegifs.com/pekemundo/sumas/sumas.swf

ESCRIBE OS NÚMEROS.1º
Fíxate nas decenas e nas unidades e escribe o número resultante.
http://primerodecarlos.com/primerodecarlos.blogspot.com/febrero/Hasta_59_3.swf

OS NÚMEROS ATA O 59. 1º
Escribe os números ata o 59.
http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cp.juan.de.la.cosa/matespdi/01/09/03/010903.swf

OS DÍAS DA SEMANA.1º
Repasamos os días da semana. Preme na imaxe.
http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cp.juan.de.la.cosa/Actividades%20Mates%20PDI/01/05/01/010501.swf