23 nov 2012

CAMIÑANDO POLA IGUALDADE.  2º
O xoves tivemos a visita de Mara que nos explicou que os nenos e as nenas podemos facer as mesmas cousas. Tamén ensinounos a facer maxia coas mans. Pasámolo moi ben.

13 nov 2012

ORDENA OS NÚMEROS 2º.
Nesta páxina hai un montón de xogos . Se queres ordear números, preme na opción "Orden en la prisión".


OS NÚMEROS DO 100 AO 199
Para reforzar os números do 100 ata o 199 preme na imaxe de abaixo. Para pasar de actividade, calca nas frechas e para comprobar se o exercicio está correcto, fai clic no debuxo do V.

DEREITA E ESQUERDA.

Este é un xogo para afianzar a lateralidade. Debes conseguir ir ao lugar indicado empregando as frechas do teclado do ordenador. É difícil pero seguro que ti o consigues.


NUMERACIÓN 2º.
Aplicación para repasar o número anterior e posterior.

CÁLCULO MENTAL. 2º.
Serás capaz de calcular o resultado dos dados, marcar a súa suma e vencer aos dados antes de que caigan no fondo? Se eres un valente o unha valente, preme na foto. E sorte!

PRACTICAMOS COA NUMERACIÓN.
Actividades de numeración para nenos e nenas de 1º e 2º. É necesario ter instalado no ordenador a aplicación Java. É un xogo do programa CLIC.

XOGAMOS CO NÚMERO 10. 
Practicamos para formar unha decena. 

As meigas de 1º

AS MEIGAS MATEMÁTICAS DE 1º.
Os nenos e as nenas de Primeiro fixeron unhas fantásticas meigas matemáticas coa axuda das súas familias. Mirade qué bonitas!
Grazas familias!!

11 nov 2012

SETAS. 2º

No outono é tempo das setas. A nosa compañeira Carmen e a súa familia trouxéronnos unhas fermosas setas e  aprendimos os nomes dalgunhas delas como: Amanita muscaria, Coliflor do monte, Andoa escura, Tricolono rutilante...Preciosas. Moitas grazas Carmen e familia.




O MAGOSTO.
Xa chegou o magosto e as ricas castañas asadas! Os/as nenos/as de 1º e 2º fixemos unhas castañeiras cunhas saias un pouco orixinais.


 







7 nov 2012

DECENAS.1º
Colocamos cada unidade e decena no seu lugar correspondente. Fíxate nas cores.


NUMERACIÓN.
Hai que contar as bombillas que están encendidas pero tes que ir moi rápido porque o tempo corre.

DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS. 1º
Xogo para exercitar a descomposición de números.



6 nov 2012

NUMERACIÓN: ANTERIOR E POSTERIOR. 1º

Imos practicar un pouquiño a numeración cunha actividade para reforzar o número anterior e posterior.