29 oct 2013

TRABALLAMOS A DECENA. 1º
Esta semana comezamos a traballar a decena.Visitamos a horta e recollemos 10 follas (10 unidades) e con elas fixemos a Dona Decena. Algúns gustounos máis "Don Deceno". Descubrimos que na nosa clase hai 25 decenas. Cántas unidades serán?.

27 oct 2013

VISITA Á BIBLIOTECA.
Coa celebración do día das Bibliotecas Escolares, 24 de outubro, o venres fomos á Biblioteca. A profe Patri explicounos como tiñamos que facer para levar un libro para casa empregando os marcadores. Despois fixemos o préstamo de libro, como os/as nenos/as maiores.
                                       






19 sept 2013

PRACTICAMOS O  TRAZO DAS LETRAS. 
Nesta aplicación podemos xogar e coñecer como se trazan as minúsculas. Pincha na foto.

19 may 2013

15 de maio. DÍA DA FAMILIA  (1º e 2º)
Celebramos este día coa realización dunha manualidade e coa escritura dunha carta. Viva a familia!
 


14 may 2013

A NOSA REVISTA!
Aquí está a nosa revista feita con todo o noso agarimo para todos vós. Desexamos que vos guste.

5 may 2013

AS PLANTAS MEDRAN MOITO E HAI QUE COIDALAS E PLANTAR O QUE MEDROU DAS SEMENTES DO INVERNADOIRO. E QUE BEN O PASAMOS!

1 may 2013

MP e MB. 1º e 2º
Antes de p e b, m poñerei.

PALABRAS CON CA, CO, CU, QUE e QUI.
Completa estas palabras coa sílaba axeitada.

MULTIPLICACIÓNS CON LEVADAS. 2º
Para exercitar as multiplicacións con levadas fai clic na imaxe e elixe o nivel 1.

TÁBOA DO 7.
http://ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/segundo_curso/matematicas_2/tabla07/tabla07.html
PROBLEMAS DE MATE 1º e 2º (II parte).
Intenta resolver estes problemas de mate. Non te esquezas de comprobar o resultado e pasar na frecha.


PROBLEMAS DE MATE. 1º E 2º (I parte).
Serás capaz de resolver estes problemas? Non te olvides de comprobar a resposta no debuxo da V e pasar páxina na frecha.

OS EUROS (I parte).
Para practicar o uso dos euros.

QUE HORA É?. 1º
Xogo para practicar a hora en punto e media.

ANTES, AHORA, DESPUÉS. 2º
Aplicación para recoñecer os tempos verbais en pasado (antes), presente (agora) e futuro (despois).

23 de abril 2013. DÍA DO LIBRO.
Este ano os/as nenos/as de 1º e 2º celebramos o día do libro coa fabricación dun marcapáxinas de Phineas e Ferb porque nos encanta ler.

CAMIÑANDO CON NÓS POLA IGUALDADE 2. 2º Primaria.

O 26 de abril volvimos a recibir a grata visita de Mara, que nos explicou e mostrounos, que se queremos algo podemos conseguilo sen importar ser neno ou nena, soamente hai que desexalo con paixón. Tamén nos falou e ensinounos  mulleres que conseguiron o que desexaban como Clara Campoamor, Olimpia Valencia, Marisa Mallo, Ángeles Alvariño e Rosalía de Castro.

26 mar 2013

MAIOR, MENOR e IGUAL. 1º
Neste xogo debes contar os peixes que hai na dereita e na esquerda e arrastar o peixe que ten o signo axeitado (maior, menor o igual). Para pasar de actividade, fai clic na frecha de arriba.


FIGURAS XEOMÉTRICAS 2º.
Para lembrar a clasificación dos corpos xeométricos podedes empregar esta aplicación da editorial Teide.

A DIANA 1º e 2º
Para mellorar o cálculo mental. O xogo consiste en lanzar os dardos e conseguir a puntuación sinalada. Para volver a tirar os dardos, podes facer clic en "Otro" o empregar a barra espaciadora do teclado.


APROXIMACIÓN ÁS DECENAS 2º.
Neste xogo tes que buscar a decena máis próxima ao número sinalado, escribir a decena co teclado numérico e comprobar. Se che gusta e queres repetir, fai clic en "nuevo ejercicio".
LA CIUDAD DE PERLA. 1º e 2º
Acompaña a Perla na súa viaxe ás illas e xoga con ela.


25 mar 2013

EMPREGO DAS MAIÚSCULAS. 1º.
Este libro dixital serve para exercitar e empregar correctamente as maiúsculas. Para comezar a xogar é necesario premer na foto.

PRACTICAMOS AS SUMAS. 1º e 2º.
Interesante xogo para reforzar o cálculo mental. Fai clic na imaxe.


ARTE NO COLE.
Como xa sabedes este ano  estamos a traballar o proxecto de "As matemáticas no cole Castelao". Aquí  deixamosvós unha pequena  mostra da relación que hai entre as matemáticas e as obras de arte (as liñas, as curvas, os corpos xeométricos...).                       

Arte no cole. - presentacion imagenes
VISITAMOS OS ALLOS. 2º
Lembrades que en xaneiro prantamos allos na nosa horta escolar coa axuda da profe Pilar? Pois fomos a comprobar como estaba o noso alleiro e descubrimos que os allos estaban enormes.
                   


FACEMOS CORPOS XEOMÉTRICOS. 2º
En matemáticas estivemos estudiando como son os corpos xeométricos e fixemos uns cantos como pirámides, hexaedros, pentágonos..Aquí están as nosas construcións.


18 mar 2013

MEDIMOS PEIXIÑOS.
Mide estes peixiños e elixe a súa medida na frecha.

SIMÓN.
Este é un xogo para comprobar se tes boa memoria auditiva. Escoita o que di Simón e intenta repetir a melodía sen confundirte e calcando as cores na mesma orde. Preme no botón vermello.

8 mar 2013

IMOS AO TEATRO
O xoves os/as nosos/as compis de 1º e 2º fomos ao teatro e disfrutamos dunha obra en inglés chamada "Happy atfer never". Chulísima.

Coa chegada da primavera sementamos patacas e botamos sementes no invernadoiro de pementos, leitugas e cenorias.

10 feb 2013

ORIENTACIÓN ESPACIAL.
Tedes que buscar o talismán e seguir as pistas ata atopalo. Fai clic na foto.

UTILIZAMOS OS ARTIGOS.
Escribe os artigos EL, LA, LOS e LAS xunto a cada palabra.

SINGULAR E PLURAL.
Arrastra cada palabra para o seu lugar adecuado.

SINGULAR E PLURAL.
Para diferenciar o singular do plural coloca cada palabra no seu círculo. 

LECTURA COMPRENSIVA.
Le con atención e fai o que che indica a lectura.

FORMAR FRASES.
Arrastra as palabras para formar unha frase. Non esquezas que debes comezar con maiúsculas e rematar en punto.

9 feb 2013

TÁBOA DE MULTIPLICAR DO NÚMERO 2 (3ª parte).
Sabes a táboa do número 2? Podes comprobalo aquí.



Aproximación ás decenas.

APROXIMACIÓN ÁS DECENAS. 2º
Estupendo xogo para redondear os números ata a decena máis próxima. Fai clic na foto.


A SUMAR !!!
Repasa as sumas co xogo dos dados. Hai varios niveles de dificultade. Pincha enriba da foto. Quen chegará ao nivel 5? Sorte!

7 feb 2013

TROUBLE IN THE JUNGLE ( 1º e 2º)
O martes, 5 de febreiro, recibimos no noso cole un contacontos interactivo en inglés. Pasámolo xenial porque había cancións, monicreques preciosos e porque aprendimos moitas palabras en inglés.

TÁBOAS DE MULTIPLICAR (2º PARTE).
A seguir practicando as táboas.

5 feb 2013

LECTOESCRITURA 1º E 2º.
Xogos variados que nos axudan a practicar a lectura e a escritura. Moi completa para nenas/nenos do 1º ciclo. Fai clic na foto.

EL GUSANO Y LA MARIQUITA.
Xogo no que debes adiviñar en que número está pousada a xoaniña e anotalo no recadro. Tes que empregar o teclado numérico do ordenador.

LECTURA COMPRENSIVA.
Aplicación para a lectura comprensiva de problemas de matemáticas. É moi divertido. Inténtao...



XOGOS MATEMÁTICOS.

Para divertirte cos números. Fai clic na imaxe.

PRACTICAMOS AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR. 2º (1º parte)
Nesta páxina podedes aprender, repasar e xogar coas táboas de multiplicar. Preme na foto.

15 ene 2013

Traballamos na horta.


TRABALLOS NA HORTA DO COLE. 2º
Hoxe, 15 de xaneiro, estivemos prantando allos na nosa horta. Agora temos que esperar ata que nazan e logo podemos comprobar que fabulosos agricultor@s somos. Mirade as nosas fotos.