22 dic 2016

PANXOLIÑAS EN ALENTO E EN APAMP.1º e 2º
O mércores 21 visitamos os centros de Apamp e Alento e cantámoslles unhas panxoliñas. Recibimos unha grata sorpresa porque nos adicaron dúas fermosas cancións. Bo Nadal e Feliz 2017, veciños!

RECIBIMOS A VISITA DE PAPÁ NOEL.2º
Papá Noel visitounos na clase e lle dixemos que fomos moi bos e boas durante todo o curso! Creranos?
FELIZ NADAL A TODOS/AS. 1º e 2º.
Os alumnos, as alumnas e as titoras de 1º e 2º vos desexámosvos un Bo Nadal.

20 dic 2016

ANIVERSARIO. MES DE NADAL. 2º
Un compañeiro tróuxonos unhas deliciosas galletas polo seu aniversario. Riquísimmmmmas!Parabéns!



1 dic 2016

AGASALLO DA EDITORIAL OQO. 1º e 2º
A editorial OQO agasallounos cunha colección de libros que teremos que ler. Algúns xa os coñecíamos como A guerra dos números, Mosquito, A caixa dos recordos,  Lucas e Oso.... Outros son novos para nós como Que mal cheira,  O mundo nos ollos,  Cando non atopas a túa casa, Os sete irmáns chineses, Os mil brancos dos esquimós,  Buscando o norte,  Tres han de ser e o O último canto. Destes libros din as profes que imos facer unha curtametraxe. A ver que sae!




11 nov 2016

O MAGOSTO XA ESTÁ AQUÍ! 1º E 2º
Chegou o magosto coas castañas e as castañeiras.

28 sept 2016

UN CONCERTO DE GUITARRA. 2º
Hoxe un compañeiro da clase e o seu papá viñeron a nosa aula e fixéronnos unha demostración de cómo tocar a guitarra e deleitáronnos coa súa música. Espectacular!


12 sept 2016

COMEZA UN NOVO CURSO.

Benvidos e benvidas a un novo curso. Esperamos que disfrutedes e aprendades moito nesta nova viaxe. Comezamos!!!

2 jun 2016

A NOSA PIZARRA DIXITAL. 1º
Xa levamos unhas cantas semanas practicando no noso taboeiro dixital e...estamos encantados e encantadas facendo ditados, sumas...



20 may 2016

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS. 
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas e tamén o 25 aniversario do cole. Parabéns!


11 may 2016

RECICLANDO CON DINOSETO. VIGO RECICLA. 1º e 2º.
Hoxe os nenos e as nenas de 1º e 2º asistimos a un taller sobre a reciclaxe. Alí algúns/algunhas lembramos ou aprendimos a separar os obxectos de refugallo e depositalos no seu colector adecuado: no verde claro (para os botes, frascos e botellas de vidro); no colector amarelo (envases de plástico, latas...); no colector azul (todo tipo de papeis) e no colector de cor verde oscuro (todo o que non pode clasificarse nos outros colectores). Pasámolo fenomenal e ao final, recibimos un agasallo estupendo!





9 may 2016

ANIVERSARIO MES DE MAIO.1º
Un compañeiro da clase cumpríu 7 anos. Parabéns, mociño!!!
VISITA DOS/AS COMPAÑEIROS/AS DE CUARTO. 1º
Na hora de ler tivemos a grata visita dos/as nenos/as de 4º que nos escenificaron un conto sobre a importancia de respetar as diferencias entre os/as compañeiros/as. Bravo polos/polas de 4º!


20 abr 2016

DÍA DO LIBRO. 23 de abril. 1º
Para celebrar o día do libro na nosa clase estivemos facendo un pequenos seres devoradores de libros. Aquí están..







18 abr 2016

CONTACONTOS.1º
O contacontos do Detective.
ANIVERSARIO MES DE ABRIL.1º
Unha compañeira cumpríu 7 anos. Parabéns, mociña!

AGASALLO DOS/AS ALUMNOS/AS DE QUINTO.
Ola! Estase aproximando o día do libro e os/as alumnas/os de 5º trouxéronnos un agasallo precioso sobre a figura de Castelao, que tamén traballaron na súa aula. Gustounos moitísimo a visita das tres compañeiras de 5º, as súas palabras  e os marcapáxinas.




 

30 mar 2016

BIOGRAFÍA DE CASTELAO.
Elaborada cos debuxos e as voces do alumnado de primeiro.

CASTELAO PARA NENOS E NENAS. from SALI on Vimeo.

17 mar 2016

CHEGOU A PRIMAVERA E AS VACACIÓNS! 
O domingo comeza a primavera e xa estaremos de vacacións. Feliz día! Non vos esquezades que volvemos o 29 de marzo.

ANIVERSARIO MES DE MARZO. 1º
Hoxe un compañeiro celebrou o seu aniversario. Un tirón de orellas!

AS CORES FRÍAS. 1º
Esta semana traballamos as cores frías na hora de plástica. Fixemos o Drac (O Dragón) de Gaudí, que está no parque Güell de Barcelona.
TRABALLANDO AS CORES CÁLIDAS.1º
A semana pasada estivemos coñecendo as cores cálidas ou cores quentes: amarelo, laranxa, vermello, rosa...Coloreamos a Senecio de Paul Klee. Mirade que bonitiños son os nosos cadros:






25 feb 2016

COÑECENDO UN POUCO MÁIS OS ÓSOS DO NOSO CORPO. 1º
Hoxe o papá dun compañeiro noso falounos do esqueleto. Contounos cal era o óso de maior tamaño, o número de ósos que temos e da importancia de alimentarnos ben para manter os nosos ósos en bo estado. Ata fíxonos un truco de maxia. Divertímonos moito e aprendimos. Gracias  ao noso compañeiro e ao seu papá!

 

22 feb 2016

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES.
Unha versión do poema de Rosalía de Castro.

21 feb 2016

SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO.1º.
Co motivo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, os alumnos e alumnas de 1º fixemos un vídeo. Esperamos que vos guste.
ROSALÍA DE CASTRO. BIOGRAFÍA from SALI on Vimeo.

Biografía Rosalía de Castro.

VISITA A BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL. 1º
O mércores estivemos de visita na Biblioteca Juan Compañel. Alí a nosa monitora da biblioteca narrounos un conto sobre un peixiño que perdera unha escama dourada, tamén ensinounos o libro máis grande e o máis pequeno da biblioteca. Pasámolo moi ben.
QUE TRABALLO TAN CURIOSO! 1º e 2º.
Esta semana recibimos a visita dunha científica que nos explicou o seu traballo. Moi interesante!

5 feb 2016

4 feb 2016

OS PELIQUEIROS DE NAVIA. 1º
Ola! Estes días estamos traballando un pouquiño o Entroido e fixemos estas caretas. Quedaron moi bonitas!