18 dic 2014

COÑECENDO MÁIS OS SENTIDOS.

COÑECENDO MÁIS SOBRE OS SENTIDOS.
Hoxe vivimos unha experiencia orixinal e divertida no cole. Visitáronnos dúas mamás e un papá da clase de 1º e explicáronnos a importancia de coidar os 5 sentidos.Despois organizámonos en grupos e tivemos que responder a unhas preguntas relacionadas cos sentidos. Xenial. Moitas grazas, familias.


ANIVERSARIOS MES DE NADAL.

ANIVERSARIOS DO MES DE DECEMBRO. 2º
Rapaciños: xa sodes maiores. Parabéns!

12 dic 2014

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA. 2º.
Experimento número 6: A leite de cores.
Ola! Hoxe fixemos un experimento para comprobar como se disolven algúns líquidos. Aquí vos deixamos unha mostra.



10 dic 2014

ANIVERSARIOS DO MES DE DECEMBRO. 2º
Celebramos un novo aniversario na clase. Parabéns mociño.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
AS LÚAS DE SEGUNDO.
Grazas a todas as familias por estas lúas tan científicas.

AS LÚAS DE PRIMEIRO.
Grazas familias polo traballo realizado.


A METAMORFOSE DA BOLBORETA.
Un compañeiro tróuxonos esta manualidade feita por el. Trátase do cambio que se produce na bolboreta: primeiro é un ovo; despois, un verme; máis tarde a crisálida e finalmente, a bolboreta.





5 dic 2014

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA. 2º
Experimento número 5: O vaso cartón, cartón.
Este experimento tamén é coñecido como o vaso que non lle cae a auga.
EXPERIMENTANDO COA CIENCIA.2º
Experimento número 4: As pasas buceadoras.
Nesta ocasión fixemos un experimento de química coa gaseosa e con pasas. Mirade a secuencia...
 

4 dic 2014

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA. 2º
Unha das nosas compis tróuxonos un xogo de ciencia e aprendimos algúns instrumentos que empregan os científicos nos seus experimentos: luvas, gafas, probetas, matraces...




2 dic 2014

INVESTIGANDO: O SEMÁFORO.2º
Hoxe tivemos a visita de Ángel, o papá dun compañeiro da nosa clase. Tróuxonos un semáforo realizado polos seus alumnos/as e por el. Explicounos cómo eran antigamente os semáforos (eran mecánicos como un reloxo); cómo funcionan os semáforos (levan no seu interior un sistema autómata que organiza os tempos para cambiar a luz) e como son na actualidade con luz led. Estivo xenial e puidemos cruzar cando estaba en verde para os peóns.
Dous semáforos.
O botón para cruzar.

Os antigos semáforos mecánicos.




1 dic 2014

OUTROS ANIVERSARIOS.2º
Dúas rapaciñas tamén cumpriron anos neste mes de novembro. Parabéns, mociñas!