30 mar. 2016

BIOGRAFÍA DE CASTELAO.
Elaborada cos debuxos e as voces do alumnado de primeiro.

CASTELAO PARA NENOS E NENAS. from SALI on Vimeo.

17 mar. 2016

CHEGOU A PRIMAVERA E AS VACACIÓNS! 
O domingo comeza a primavera e xa estaremos de vacacións. Feliz día! Non vos esquezades que volvemos o 29 de marzo.

ANIVERSARIO MES DE MARZO. 1º
Hoxe un compañeiro celebrou o seu aniversario. Un tirón de orellas!

AS CORES FRÍAS. 1º
Esta semana traballamos as cores frías na hora de plástica. Fixemos o Drac (O Dragón) de Gaudí, que está no parque Güell de Barcelona.
TRABALLANDO AS CORES CÁLIDAS.1º
A semana pasada estivemos coñecendo as cores cálidas ou cores quentes: amarelo, laranxa, vermello, rosa...Coloreamos a Senecio de Paul Klee. Mirade que bonitiños son os nosos cadros: