26 mar 2013

MAIOR, MENOR e IGUAL. 1º
Neste xogo debes contar os peixes que hai na dereita e na esquerda e arrastar o peixe que ten o signo axeitado (maior, menor o igual). Para pasar de actividade, fai clic na frecha de arriba.


FIGURAS XEOMÉTRICAS 2º.
Para lembrar a clasificación dos corpos xeométricos podedes empregar esta aplicación da editorial Teide.

A DIANA 1º e 2º
Para mellorar o cálculo mental. O xogo consiste en lanzar os dardos e conseguir a puntuación sinalada. Para volver a tirar os dardos, podes facer clic en "Otro" o empregar a barra espaciadora do teclado.


APROXIMACIÓN ÁS DECENAS 2º.
Neste xogo tes que buscar a decena máis próxima ao número sinalado, escribir a decena co teclado numérico e comprobar. Se che gusta e queres repetir, fai clic en "nuevo ejercicio".
LA CIUDAD DE PERLA. 1º e 2º
Acompaña a Perla na súa viaxe ás illas e xoga con ela.


25 mar 2013

EMPREGO DAS MAIÚSCULAS. 1º.
Este libro dixital serve para exercitar e empregar correctamente as maiúsculas. Para comezar a xogar é necesario premer na foto.

PRACTICAMOS AS SUMAS. 1º e 2º.
Interesante xogo para reforzar o cálculo mental. Fai clic na imaxe.


ARTE NO COLE.
Como xa sabedes este ano  estamos a traballar o proxecto de "As matemáticas no cole Castelao". Aquí  deixamosvós unha pequena  mostra da relación que hai entre as matemáticas e as obras de arte (as liñas, as curvas, os corpos xeométricos...).                       

Arte no cole. - presentacion imagenes
VISITAMOS OS ALLOS. 2º
Lembrades que en xaneiro prantamos allos na nosa horta escolar coa axuda da profe Pilar? Pois fomos a comprobar como estaba o noso alleiro e descubrimos que os allos estaban enormes.
                   


FACEMOS CORPOS XEOMÉTRICOS. 2º
En matemáticas estivemos estudiando como son os corpos xeométricos e fixemos uns cantos como pirámides, hexaedros, pentágonos..Aquí están as nosas construcións.


18 mar 2013

MEDIMOS PEIXIÑOS.
Mide estes peixiños e elixe a súa medida na frecha.

SIMÓN.
Este é un xogo para comprobar se tes boa memoria auditiva. Escoita o que di Simón e intenta repetir a melodía sen confundirte e calcando as cores na mesma orde. Preme no botón vermello.

8 mar 2013

IMOS AO TEATRO
O xoves os/as nosos/as compis de 1º e 2º fomos ao teatro e disfrutamos dunha obra en inglés chamada "Happy atfer never". Chulísima.

Coa chegada da primavera sementamos patacas e botamos sementes no invernadoiro de pementos, leitugas e cenorias.