11 may. 2016

RECICLANDO CON DINOSETO. VIGO RECICLA. 1º e 2º.
Hoxe os nenos e as nenas de 1º e 2º asistimos a un taller sobre a reciclaxe. Alí algúns/algunhas lembramos ou aprendimos a separar os obxectos de refugallo e depositalos no seu colector adecuado: no verde claro (para os botes, frascos e botellas de vidro); no colector amarelo (envases de plástico, latas...); no colector azul (todo tipo de papeis) e no colector de cor verde oscuro (todo o que non pode clasificarse nos outros colectores). Pasámolo fenomenal e ao final, recibimos un agasallo estupendo!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

E ti que opinas?