23 mar 2020

Luns 23 de marzo de 2020 (1º Ed. Primaria)


Bos días! Que tal foi esa ponte virtual? Desexo que esteades todxs ben.
Hoxe imos facer unha actividade moi divertida. Quero que durante este tempo que imos estar na casa fagamos unha observación do crecemento dunha semente. Polo tanto os propoño o seguinte:
Materiais que imos necesitar:
§         Lentellas.
§         Algodón.
§         Vaso de plástico transparente (para ver como crece) ou un tarro de cristal.
§         Auga.

Instruccións:
1.      Poñer no fondo do recipiente o algodón.
2.      Botar un pouco de auga para empapar o algodón.
3.      Colocar as lentellas polo algodón.
Agora a esperar 2 o 3 días para ver como evoluciona. Despois duns días observando o que pasa e botandolle un pouco de auga para que o algodón non se poña seco, imos ver como van as nosas lentellas.

Qué está acontecendo?

Gustaríame que fixerades nun folio ou libreta onde estades a traballar estos días na casa que escribades cada dous días como vai a vosa planta cambiando. Por exemplo:
Día 1: As sementes están no algodón.
Día 2: A semente...



Agora, os propoño que xoguedes con alguen da vosa casa ao xogo do aforcado pero so con palabras que conteñan un b. Seguro que tedes moitas palabras para adiviñar.

Un saúdo ENORME. :D

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E ti que opinas?