Ola rapzxs . Grazas por navegar todos os días.
Os deixo aquí o enlace para o kahoot de onte que non permitía acceder, xa está arranxado. A XOGAR!!
https://kahoot.it/challenge/0320374?challenge-id=c714e449-165f-4cbf-b94e-a52fdab19a93_1585641963516
https://kahoot.it/challenge/
Está claro que adivinasteis que era o MES DE FEBREIRO a solución, porque é máis curtiño que o resto.
Hoxe observa o
tempo que fai e colorea outra casiña onde corresponda. Observa tamén a
túa semente , a miña vai botando algún gromo.
Imos
traballar un pouquiño máis sobre os animais. Podes escoller o que
queiras e tenta de recoller a información que che pide a ficha.
O ANIMAL QUE ESCOLLÍN FOI
____________________________________
COMO
NACE?
|
FORMA
DE ALIMENTACIÓN
|
COMO
ESTÁ RECUBERTO O SEU CORPO
|
CAL É O
SEU ECOSISTEMA
|
É
VERTEBRADO OU INVERTEBRADO
|
A QUE GRUPO DE ANIMAIS PERTENCE:
|
Escribe aquí o seu nome científico
|
ALGO
QUE TE CHAMOU A ATENCIÓN SOBRE ESTE
ANIMAL
|
Pon un debuxo ou fotografía.
MATEMÁTICAS
Hoxe practica a descomposición facendo o sol do número 397. Debúxao ti nunha páxina da túa libreta ou nun folio.
Fai, alomenos, 10 descomposicións.
LENGUA CASTELLANA
Elixe unha nova imaxe da seguinte páxina e descríbea.
Pensa un pouquiño:
Pásao ben co teu traballo e disfruta dos que che acompañan. Bicos
No hay comentarios:
Publicar un comentario
E ti que opinas?