16 mar 2020

TAREFAS PARA 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

SEMANA DO 16 DE MARZO

Bos días a todos e todas, a continuación os vou mostrar unhas tarefas para que podades ir facendo estos días que estamos na casa. MOITA FORZA E ÁNIMO!

  • MATEMÁTICAS:

Facer cada día 1 ou 2 fichas de MATE+. Son de repaso.
Xogar coa familia a CÁLCULO MENTAL oralmente: +2, +5, +20, -2, -5, -10 etc. utilizando números a partires do 100.

Xogar a xogos de cartas coma o cinquillo, a OCA, a construcións con LEGO contando as diferentes pezas que utilizamos.

Facer receitas pesando, amasando, contando.

  • LINGUA CASTELÁ:

Elixir unha imaxe con detalles e describila en 7 oracións ,como mínimo, e con 6 palabras mínimo en cada unha. Coidar as maiúsculas e os puntos. Pode ser dunha revista, xornal etc.

  • CIENCIAS NATURAIS:
Ver o vídeo ANIMALES VERTEBRADOS de SMILE AND LEARN : 


Con iso investigar que animais puido atopar Magallanes que pertenceran aos grupos de Mamíferos, aves, anfibios, réptiles ou peixes.

Estas son algunhas tarefas, seguro que inventades outras máis divertidas e á volta, nos contaredes moitas cousas.

Disfrutade da vosa familia e biquiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E ti que opinas?